CRTVG

Buscar

Sandoval está convencido de que o Dépor se vai presentar

Publicado o 03/08/2020 22:10

O Fuenlabrada, cos xogadores acabados de saír dun confinamento, e mesmo moitos deles dunha enfermidade, dun virus como a covid-19, non para de fachendear do moito que se están adestrando. E, por suposto, gravan os adestramentos como case non fixeron en toda a temporada. Ese mesmo equipo que hai unha semana renunciaba a xogar os play-off porque no único en que pensaban, e así o dixo o seu presidente, era na saúde dos seus xogadores. Agora xa non. 7 persoas seguen aínda confinadas no Hotel Finisterre, pero a ilusión do Fuenlabrada é xogar os play-off. Así o dixo o adestrador. Un Sandoval que está convencido de que o Dépor se vai presentar ao partido.

Noticias web

03/08/2020