CRTVG

Buscar

Sanders retírase das primarias demócratas e deixa a Biden como rival de Trump nas eleccións de novembro

Publicado o 08/04/2020 17:51

 

O senador Bernie Sanders, representante esquerdista do partido demócrata, anunciou este mércores a súa retirada da batalla polo nomeamento do partido para as eleccións presidenciais de novembro nos EUA, o que deixa como aspirante demócrata único o ex-vicepresidente Joseph Biden. "Termina a campaña, pero a loita continúa", afirmou un comunicado do seu equipo de campaña. 

"Ao ver a crise que azouta a nación, non podo continuar en boa conciencia cunha campaña que non podo gañar e que interferiría no importante traballo requirido por todos nós nesta difícil hora", dixo Sanders, de 78 anos, nunha mensaxe desde o seu centro de campaña en Burlington (Vermont) en referencia á pandemia do coronavirus. "Aínda que esta campaña conclúe, o noso movemento continúa". 

Noticias web

08/04/2020