CRTVG

Buscar

Sancións mínimas de 600 euros por incumprir as normas nas saídas cos nenos

Publicado o 26/04/2020 21:30

A partir deste domingo os pequenos poderán volver saír, pero con restricións que as familias deben coñecer e respectar. As sancións por incumprir as normas irán na mesma liña que as que se veñen impoñendo desde o inicio do estado de alarma. Aplícase a Lei de seguridade cidadá, que prevé  multas que van desde os 600 ata os 30.000 euros.

Unha vez ao día, durante unha hora, cun só adulto e a un quilómetro da casa como máximo. Todo o que estea fóra da regra dos catro uns pode ser obxecto de multa. As posibles sancións aplicaranse coa Lei de seguridade cidadá na man. As máis baixas ascenden a 600 euros.
Os nenos volven ás rúas, pero non recuperan todos os espazos. Os parques infantís seguen precintados. Permitirlles utilizalos tamén é sancionable. Aproveitar a saída para que os nenos compartan xogos cos amigos ou para conversar con outras familias sen respectar a distancia de seguridade podería ser obxecto dunha multa de 1.500 euros.
Son os primeiros pasos, aínda vacilantes, cara á recuperación da normalidade.

Noticias web

26/04/2020