CRTVG

Buscar

Sancións de ata 30.000 euros por incumprir as restricións nas saídas dos nenos

Publicado o 26/04/2020 14:00

As posibles sancións aplicaranse coa Lei de seguridade cidadá na man. As multas máis baixas ascenden a 600 euros. Deberán asumir esa cantidade os pais que saian con máis tres nenos ou fóra do horario fixado, entre as nove da mañá e as nove da noite.

Os nenos volven ás rúas, pero non recuperan todos os espazos. Os parques infantís seguen precintados. Permitir que os nenos fagan uso deles supoñería tamén a sanción mínima, pero se a autoridade considera que hai máis risco de contaxio a multa podería ser máis elevada.

Tamén podería agravarse a sanción en función da distancia que nos afastemos do domicilio máis aló do quilómetro permitido. Aproveitar a saída para que os nenos compartan xogos cos amigos ou para conversar con outras familias sen respectar a distancia de seguridade podería ser obxecto dunha multa de 1.500 euros

Son os primeiros pasos, vacilantes, para ir recuperando aos poucos a normalidade.

Noticias web

26/04/2020