CRTVG

Buscar

Sancionan por primeira vez un particular por enviar un vídeo a través dun servizo de mensaxería

Publicado o 04/06/2018 21:18

Ollo coas imaxes que difundimos cos nosos teléfonos móbiles. A Axencia Española de Protección de Datos sanciona por primeira vez por compartir un vídeo a través de WhatsApp. Escoiten o caso.

Cada día millóns de vídeos son gravados e compartidos cos teléfonos móbiles. No caso que acaba de sancionar a Axencia Española de Protección de Datos, un policía local denunciou un veciño da vila valenciana de La Font de la Figuera, quen gravou unha agresión machista, e o axente aparecía nas imaxes. A axencia entende que non podía difundir ese vídeo sen permiso, e multa o autor con 2.000 euros.

Ao organismo sancionador deulle igual que alegara que o compartiu no seu ámbito privado.

Vídeos coma estes aparecen con certa frecuencia. Grávanse e compártense sen pensar sequera quen aparece nas imaxes e se lles debemos pedir permiso. 

Contra a sanción imposta ao veciño de La Font de La Figuera aínda se pode recorrer ante a xustiza, polo que igual aínda se libra de ter que pagar os 2.000 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2018