CRTVG

Buscar

Sancionan por cuarta vez o propietario dun bar de Pontevedra por incumprir as restricións

Publicado o 16/02/2021 18:38


As normas en vigor prohiben consumir dentro dos locais de hostalería. Malia que maioritariamente se respectan as restricións, hai contadas excepcións que saltan as normas. Foi o caso deste bar situado na parroquia de Santa María de Xeve, en Pontevedra, onde o sábado axentes da Policía Local multaron 3 individuos que consumían dentro e o dono por servilos e permitilo. Ademais é reincidente.

É a cuarta sanción que recibe este hostaleiro. Cada unha das multas que lle impuxeron pode ir dos 3 aos 15.000 euros. Desde a Policía Local aseguran que son casos excepcionais e insisten en que a maioría do sector cumpre escrupulosamente coas restricións. Pero é precisamente no rural onde adoitan cometer infraccións pola falsa sensación de impunidade ao sentírense menos vixiados.

 

Noticias web

16/02/2021