CRTVG

Buscar

Sancionado por circular ebrio e pola beirarrúa co seu patinete eléctrico

Publicado o 11/10/2019 14:29

O infractor, un mozo de 29 anos, circulaba en patinete eléctrico pola rúa Blanco Porto, en pleno centro de Pontevedra. Eran as 8 menos cuarto da mañá cando bateu cun vehículo que saía dun garaxe. Acto seguido, o condutor do patinete dirixiuse á Policía Local para poñer unha denuncia polo sucedido. O que non imaxinaba é que pasaría de ser presunta vítima a infractor sancionado.

Manuel Omil, voceiro da Policía Local de Pontevedra, explica que o infractor deu positivo no control de alcolemia, e ademais comprobouse que circulaba pola beirarrúa, polo que foi sancionado con 700 euros de multa.

Dende a policía recoñecen que existe un baleiro legal e tamén descoñecemento sobre o uso deste tipo de vehículos, pero lembran que hai que cumprir a normativa.

O voceiro da policía di que os patíns eléctricos están considerados vehículos, polo que non poden circular pola beirarrúa e, en todo caso, deben cumprir as normas de tráfico.

Este último non é un caso illado. Hai só 5 días que unha muller foi interceptada pola Garda Civil de Pontevedra cando circulaba co seu patinete pola AP-9.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2019