CRTVG

Buscar

A investidura queda no aire á espera dun acordo entre os socialistas e Podemos

Publicado o 23/07/2019 21:12

• Sánchez obtivo 170 votos negativos, 124 a favor e 52 abstencións

Os partidos da dereita cren que o xoves será presidente

• Calvo e Echenique reactivan as negociacións e reuniranse este mércores

 

Pedro Sánchez non logra sen investido na primeira votación. Só obtivo os apoios do grupo socialista e do único deputado do Partido Rexionalista de Cantabria. Votaron en contra PP, Ciudadanos, Vox, Esquerra Republicana, Junts per si, Coalición Canaria e Navarra Suma. Abstivéronse os deputados do PNV, Bildu, Compromís e Unidas Podemos, agás Irene Montero que votou en contra.

A investidura dependerá do pacto con Podemos

Unidas Podemos mantivo a incógnita sobre o seu voto ata o último momento. Din que a abstención é un xesto de que queren chegar a un acordo con Sánchez. Ese posible pacto tamén condicionaría que outras forzas faciliten a investidura o próximo xoves. 

Tanto o PNV, que hoxe se abstivo, como Esquerra Republicana, que votou non poderían cambiar o seu voto o próximo xoves dependendo de que se materialice o goberno de coalición PSOE-Unidas Podemos. O xoves chega con que os si superen os non e a abstención dos deputados de Esquerra poderían marcar a diferenza a favor da investidura de Sánchez. O presidente en funcións ofrece goberno e estabilidade. E pide a dereita e esquerda responsabilidade para que non haxa que repetir as eleccións xerais.

Fracasou a investidura de Pedro Sánchez no primeiro intento para o que precisaba maioría absoluta. Pero algúns dos que se abstiveron, como o PNV, ou dos que votaron en contra, como Esquerra Republicana, poderían facilitar a investidura na votación do xoves cando chega con que haxa máis sis ca nons. A condición: que peche un acordo de goberno con Unidas Podemos.

Unidas Podemos abstívose na primeira votación. Aseguran que é un xesto de que queren o acordo. Non se soubo ata última hora de aí que o voto telemático de Irene Montero emitido horas antes fora diferente.

Sanchez pídelle a PP e Ciudadanos a abstención e a Podemos, xenerosidade, di, para chegar a un acordo. Ainda que non acadou os apoios necesarios segue confiando en ser investido presidente na segunda votación.

PSOE e Unidas Podemos retoman as negociacións

Unidas Podemos mantivo a incognita sobre o seu voto ata o último momento. Din que a abstención é un xesto de que queren chegar a un acordo con Sánchez. Se hai pacto Esquerra Republicana podería cambiar o seu voto o próximo xoves o que facilitar a investidura. Pedro Sánchez di que ainda ten esperanzas.

As vindeiras 48 horas prometen ser frenéticas. De momento, os negociadores de PSOE e Unidas Podemos xa fixaron un novo encontro.

Unidas Podemos chegou ao Congreso disposto a votar non na investidura. Acabou decántandose pola abstención como xesto, din de boa vontade cara aos socialistas. Pero, tras o paso atrás de Pablo Iglesias, aseguran que non vai haber máis renuncias. E saben que o reloxo corre agora ao seu favor.

Ione Belarra, voceira adxunta de Unidas Podemos no Congreso, dicía que "está rematando o tempo. Creo que todo o mundo o sabe. E ese tempo que está rematando obriga o Partido Socialista a moverse. Espero que sexa pronto porque nós demos todos os pasos necesarios para construír ese goberno de coalición e eles non se moveron absolutamente nada".

Os socialistas discrepan. Poñen como exemplo a vicepresidencia que os de Iglesias piden para Irene Montero.

Carmen Calvo, vicepresidenta do Goberno en funcións, desvelou que "eles puxeron sobre a mesa que era moi importante que outra persoa para eles moi importante no seu liderado estivera nun rango importante no Goberno. Iso foi aceptado".

Unidas Podemos quéixase de que lles están ofrecendo ministerios sen competencias, algo que tamén negaba Calvo: "O Partido Socialista non ten políticas decorativas nunca".

Para desbloquear a situación, o PSOE anuncia unha nova oferta. Os equipos negociadores volveranse reunir nas vindeiras horas.

 

10:36

"Ou é vostede un irresponsable ou quere ir a eleccións"

 

 

 

10:41

Sánchez a ERC: "abandone a unilateralidade e sente nunha mesa de diálogo"

 

 

 

10:39

"Ogallá outras formacións políticas tomasen nota"

 

 

 

11:07

Aitor Esteban pide a Sánchez que dea un paso "sen medo" para un acordo de Goberno

 

 

 

11:22

"Terá que recoñecerme que o intentei, que o estou intentado"

 

 

 

11:50

Borrás: "Temos 155 motivos para votar que non á súa investidura"

 

 

 

12:10

Mertxe Aizpurua: "a nosa abstención non é un cheque en branco"

 

 

 

13:22

Lastra: "Non se serve ao interese xeral impedindo que España teña un goberno"

 

 

 

13:34

Sánchez recoñece por primeira vez que a investidura pode ser frustrada

 

 

 

14:37

Sánchez non consegue o apoio da Cámara

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí