CRTVG

Buscar

Sánchez visita a don Xoán Carlos e di que se atopa moi ben

Publicado o 30/08/2019 14:48

O presidente do Goberno visitou esta mañá a don Xoán Carlos na clínica onde se recupera dunha operación de corazón.

Ao saír, Pedro Sánchez dixo, a preguntas dos xornalistas, que, afortunadamente, atopaba moi ben o rei emérito.

O presidente chegou acompañado da súa dona á clinica Quirón, onde está hospitalizado o monarca desde o sábado pasado, cando lle implantaron un triplo bypass coronario do que, segundo os sucesivos partes médicos, evoluciona con normalidade.

Noticias web

30/08/2019