CRTVG

Buscar

Sánchez ve o resultado en Madrid como unha lección para que o PSOE volva con máis forza

Publicado o 10/05/2021 19:16

6 días despois das eleccións madrileñas, o secretario xeral do PSOE referiuse por primeira vez en público aos malos resultados do seu partido. Pedro Sánchez achácaos ás circunstancias adversas que rodearon a campaña: "Os resultados na Comunidade de Madrid son os que son, son rotundamente malos. Estas eleccións do pasado 4 de maio representan unha oportunidade para aprender, pero tamén é certo que esas eleccións están intimamente ligadas a un territorio e a un momento determinado".