CRTVG

Buscar

Sánchez vai aprobar a declaración de zona catastrófica

Publicado o 10/10/2018 21:14

O presidente do Goberno e o líder da oposición viaxaron ata Sant Llorenç para comprobar os danos. Pedro Sánchez xa adiantou que mañá o consello de ministros vai aprobar a declaración de zona catastrófica e que o Estado destinará todos os recursos posibles para que os afectados poidan recuperar canto antes a normalidade.

Tamén o presidente do PP, Pablo Casado, viaxou a Mallorca e visitou a zona afectada acompañado por dirixentes do partido nas illas. Todos os líderes políticos mostraron a súa solidariedade e os seu apoio aos afectados, desde a Casa Real ata o Congreso, pasando por deportistas como Rafa Nadal. Desde Galicia, o presidente da Xunta ofreceulles ás autoridades das Baleares toda a colaboración que precisen para volver á normalidade.

O Consello de Ministros aprobará este xoves a declaración de zona catastrófica para a comarca do Levante mallorquino. Confirmouno o presidente do Goberno, que se desprazou a zona para ver os danos causados pola tromba de auga e para apoiar as persoas que sufriron a catástrofe.

Desde a zona afectada polas inundacións, o presidente do PP, Pablo Casado, dixo que toda España está afectada e pendente de Mallorca.

A solidariedade chegou desde todos os puntos de España. A casa real utilizou as redes sociais para mostrar a súa dor. E desde Galicia, o presidente da Xunta ofreceulles axuda ás autoridades das illas.

Ao longo da xornada sucedéronse os minutos de silencio polos falecidos. O Goberno balear decretou tres días de loito e a avalancha de chamadas de persoas ofrecéndose como voluntarios foi tal que Emerxencias tivo que pedir que deixaran de chamar para non colapsar o 112.
 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2018