CRTVG

Buscar

Sánchez: "Traballarei para que haxa un goberno canto antes en España"

Publicado o 25/07/2019 22:02
Sánchez: "Traballarei para que haxa un goberno canto antes en España"

O presidente do Executivo en funcións, Pedro Sánchez, asegurou este xoves que traballará para que canto antes haxa un Goberno en España e considerou que o líder de Podemos, Pablo Iglesias, "se equivocou" e cometeu un "profundo erro" ao non facilitar a súa investidura.

Nunha entrevista en Telecinco, Sánchez lamentou que Iglesias levase a súa organización "a unha canella sen saída" e defendeu que a oferta socialista era "responsable, respectuosa e xenerosa". Sánchez insistiu en que, "desde xa", traballará coas catro forzas políticas para que se desbloquee a situación e non acabe con eleccións xerais o 10 de novembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/07/2019