CRTVG

Buscar

Sánchez sobre o consumo de carne: “A min, onde me poñan un 'chuletón' ao punto...”

Publicado o 08/07/2021 14:36

O presidente do Goberno Pedro Sánchez respondeu este xoves á campaña do ministro de Consumo Alberto Garzón contra o consumo de carne en España asegurando que el prefire sempre sen dúbida "un chuletón".

"A min, onde me poñan un chuletón a punto... Iso é imbatible", comentou ao ser preguntado pola polémica xerada por esa campaña.

Sánchez compareceu en rolda de prensa en Vilna xunto á primeira ministra do país Ingrida Simonyte con motivo da visita oficial a Lituania dentro da súa xira báltica de tres días.

Noticias web

08/07/2021