Sánchez reúnese esta tarde coa presidenta da Comisión Europea
Publicado o 16/06/2021 08:27

O presidente do Gobenro Pedro Sánchez reúnese esta tarde en Madrid coa presidenta da Comisión Europa. Está previsto que no encontro Von der Leyen lle comunique ao Goberno de España o resultado da análise que o seu executivo fixo sobre o plan de reformas e investimentos enviado a Bruxelas para poder recibir o diñeiro do fondo de recupeación europeo. Von der Layen inicia hoxe en Portugal e España unha xira por varios países da Unión con ese obxectivo.