CRTVG

Buscar

Sánchez asume en Suecia que terá que facer concesións polo fondo de reconstrución

Publicado o 15/07/2020 16:37

España precisa dos cartos do fondo de reconstrución europea. O presidente Sánchez está de xira polo continente, buscando apoios. As condicións que piden a cambio os socios do norte son duras. E España está máis preto de aceptar algunhas delas.

Na reunión de Sánchez co primeiro ministro sueco non puideron falar máis claro ambos líderes. Sobre todo o sueco Stefan Lövfen, quen di que todos deben amoldarse a unha nova situación financeira na UE, agora que xa non está o Reino Unido.

Lövfen está disposto a entregarlle a España créditos. Nunca subsidios ou axudas a fondo perdido.

O presidente do Goberno español admitiu que a situación se complica e que España deberá facer renuncias para chegar a un acordo no mes de xullo.

Noticias web

15/07/2020