CRTVG

Buscar

Sánchez reúne por primeria vez a súa nova Executiva, saída do Congreso Federal

Publicado o 18/10/2021 15:08
Sánchez reúne por primeria vez a súa nova Executiva, saída do Congreso Federal

Pedro Sánchez reuniu por primeira vez a executiva do PSOE, que foi elixida esta fin de semana no congreso federal do partido. A nova dirección socialista ten 42 membros, sete menos ca a anterior, entre os que figuran seis ministros. O titular de Presidencia, Félix Bolaños, estréase na executiva como encargado da reforma constitucional.

O novo equipo de Sánchez está composto por un 60 por cento de mulleres, e culmina a remuda xeracional co que o líder socialista quere encarar as próximas eleccións.

 

Noticias web

18/10/2021