CRTVG

Buscar

Sánchez retoma as reunións coas organizacións sociais

Publicado o 26/08/2019 11:50

O presidente do Goberno retoma hoxe as reunións que comezou antes das súas dúas semanas de vacacións. A mediodía reúnese en Madrid cos representantes de asociacións de memoria histórica; e ás catro e media da tarde, acompañado do ministro Pedro Duque, fará o mesmo con organizacións do sector da ciencia e a tecnoloxía.

Os contactos cos demais partidos, destinados a buscar apoios para formar goberno, non se retomarán ata setembro. O día 23 esgótase o prazo establecido pola Constitución e se non hai antes investidura volveremos a eleccións.

Noticias web

26/08/2019