CRTVG

Buscar

Sánchez retoma esta tarde os contactos co líder de Podemos

Publicado o 17/07/2017 08:57

Queren comezar a concretar a súa colaboración parlamentaria para desmontar as políticas sociais e económicas do Goberno de Rajoy

Así, Sánchez retoma esta mesma tarde os contactos co líder de Podemos. O líder do PSOE e Pablo Iglesias manteñen unha reunión no Congreso dos Deputados á que van asistir os equipos dos dous partidos. Queren comezar a concretar a sua colaboración parlamentaria para desmontar as políticas sociais e económicas do goberno de Rajoy.

Tres semanas despois do encontro entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias, os líderes dos dous partidos reúnen no Congreso esta tarde os seus equipos de traballo para avanzar na anunciada colaboración parlamentaria coa que pretenden poñerlle freo ao Goberno de Mariano Rajoy. 

Entre os temas que están sobre a mesa, e que xa foron avanzando os voceiros dos dous partidos, están a derogación da reforma laboral e a coñecida como Lei mordaza, un plan de rescate xuvenil, a suba do salario mínimo ou a garantía das pensións. Os socialistas expoñeranlle tamén a sua proposta para Cataluña, que pasa por recuperar recoñecementos presentes nos artigos do Estatut que foron eliminados tras a demanda do PP e mellorar os investimentos e o financiamento. Mentres Podemos-En Comú Podem-En Marea se amosa favorable á celebración dun referendo con garantías legais. Aparcada, de momento, está a posibidade dunha moción de censura. Despois de marcar a data de decembro como tope para presentarlle un novo órdago a Rajoy, os responsables de Podemos amósanse partidarios de respectar os tempos do PSOE e adían a presión sobre Sánchez para que lidere unha alternativa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2017