CRTVG

Buscar

Sánchez retoma a actividade en Canarias, sen falar da investidura

Publicado o 23/08/2019 10:07

• O Partido Popular e Unidas Podemos cren que o PSOE prefire unha repetición das eleccións.

• Iolanda Díaz: "Non me poño no escenario de eleccións. Non vexo outro horizonte máis que a negociación"

 

 

Pedro Sánchez retoma a axenda pública cunha visita a Gran Canaria e a participación esta fin de semana na xuntanza do G-7 en Biarritz. As negociacións para desbloquear a investidura quedan, como pronto, para a semana vindeira. A oposición cre que Sánchez xa elixiu.


Cuca Gamarra, vicesecretaria de Política Social do PP, cre que "Pedro Sánchez busca como repetir as culpas ante un escenario que xa elixiu que é o da repetición dunhas elecciós a nivel nacional. Porque se realmente quixera un acordo, en primeiro lugar non iría de vacacións"


Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior en funcións, asegura que "o Partido Socialista non quere volver a eleccións. O Partido Socialista e o Goberno en funcións están traballando seriamente para que haxa un novo goberno, un goberno como quixo a sociedade española, progresista"


Unidas Podemos pídelle ao PSOE unha análise máis exhaustiva do documento que lles presentaron o luns. Non se explican porque Sánchez aínda non os chamou nin designou sequera un equipo negociador.


Yolanda Díaz Galicia en Común di que "é probable que queira esgotar os tempos, chegar tarde e facer imposible unha negociación que é imprescindible. Ou ben están forzando isto para repetir as eleccións"


Galicia en Común asegura que non negociará por separado con Sánchez e píde que non se busquen divisións no grupo confederal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019