CRTVG

Buscar

Sánchez responsabiliza por igual a PP, C's e a Unidas Podemos e pídelles aos cidadáns que falen "máis claro" para evitar o bloqueo

Publicado o 17/09/2019 21:33

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, reclamou esta noite que os españois falen máis claro para formar un goberno sólido e que non haxa máis bloqueos. Así o afirmou o candidato socialista tras pechar a rolda de consultas do rei Filipe VI e anunciar que "o país se ve abocado á repetición de eleccións" o 10 de novembro por falta dunha maioría que garanta a formación de Goberno.

Sánchez lembrou que os españois falaron moi claro nas eleccións xerais do 28 de abril e nas do 26 de maio "en catro ocasións". Pero culpou o PP, Ciudadanos e Unidas Podemos de querer aplicar o que dixeron as urnas. "Desgraciadamente dúas forzas conservadoras e unha de esquerdas preferiron bloquear o que dixeron as urnas", exclamou. Por iso, pediu aos españois en conferencia de prensa desde o palacio da Moncloa "que o digan máis claro" para que se poida formar un "goberno sólido e non haxa máis bloqueos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019