CRTVG

Buscar

Sánchez e Casado bótanse en cara no Congreso os escándalos de PP e Podemos

Publicado o 16/09/2020 11:20

Continúa no Congreso a sesión de control ao Goberno. Unha sesión que xa arrancaba tensa.

Pedro Sánchez aproveitábaa para insistir na renovación dos órganos xudiciais. Pedíallo primeiro ao Partido Popular e despois a Ciudadanos. Con Pablo Casado houbo troco de acusacións. O líder do partido Popular preguntou polos recortes que van ir nos orzamentos e acusou o Goberno de utilizar a Fiscalía como comisaría política.

Houbo tamén un dardo a conta de Podemos; Casado preguntoulle a Pedro Sánchez se pensa cesar a Pablo Iglesias se finalmente é imputado polo caso Dina.

Na resposta, Pedro Sánchez tirou de corrupción, acusou o PP de tapar un delito con outro, de tapar a Gürtel coa Kitchen, e, tamén falando de presunta corrupción, Ciudadanos preguntou por que o partido socialista non apoia a investigación que propón sobre as contas de Podemos.

Unha advertencia de Inés Arrimadas nesta sesión de control; non pensa mover un dedo para a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial para que os outros partidos "repartan os xuíces", que despois son os que terán que xulgar a corrupción.

Noticias web

16/09/2020