Sánchez reivindica en Vigo os logros do seu Goberno e pide unha maioría
Publicado o 16/04/2019 21:41
O candidato socialista á presidencia do Goberno estivo hoxe en Galicia. En Vigo, Pedro Sánchez asegurou que traballan pola igualdade e pola xustiza social.
Sánchez estivo acompañado polo líder dos socialistas galegos. Un e outro subliñaron o carácter social dos 10 meses que tivo Sánchez para gobernar.
"Se fixemos todo o que fixemos en 10 meses con 84 deputados, imaxinade o que podemos facer cunha ampla maioría", dixo.