CRTVG

Buscar

Sánchez reclámalle a Rajoy unha negociación inmediata co presidente da Generalitat

Publicado o 02/10/2017 19:11

A crise institucional en Cataluña xunta de urxencia os líderes dos dous principais partidos españois. Pedro Sánchez reclámalle a Mariano Rajoy que abra de inmediato negociacións co presidente da Generalitat. 

O líder socialista trasladoulle esta petición ao presidente do Goberno durante a xuntanza de hora e media que mantiveron na Moncloa para repasar os acontecementos vividos este domingo en Cataluña. Sánchez cre que o diálogo con Carles Puigdemont é hoxe máis necesario ca nunca. Instou tamén a Rajoy a abrir unha rolda de conversas con todos os grupos parlamentarios, entre os que citou expresamente a Unidos Podemos. Segundo o comunicado emitido polo partido, o secretario xeral do PSOE tamén lle expresou ao xefe do executivo o seu rexeitamento ás cargas policiais, sobre as que demanda explicacións e a asunción de responsabilidades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2017