CRTVG

Buscar

Rivera reclama ante Sánchez o liderado da oposición

Publicado o 07/05/2019 18:41

Había case dous anos que non se entrevistaban Pedro Sánchez e Albert Rivera. O líder de Ciudadanos chegou á Moncloa para reivindicarse como o auténtico líder da oposición. Albert Rivera, presidente de Ciudadanos, dixo que "ante a descomposición do PP fai falla un proxecto forte porque o día que se esborralle o Goberno de Sánchez e Iglesias ten que haber un proxecto que o substitúa e que os españois poidan votar".

Rivera considera un chiste a proposta de Casado de que Ciudadanos se absteña para facilitar a investidura do socialista. Di que estará vixilante ante os desmáns que anticipa que vai cometer da man de Podemos en materia económica e territorial. E, a diferenza de Casado este luns, Rivera si mencionou o 155.

Rivera ofreceulle "como primeira man tendida ao Goberno, os 57 escanos e os senadores de Ciudadanos para aplicar o 155 en Cataluña se é necesario. Nós consideramos que si".

Rivera ofreceu catro pactos de Estado en educación, inmigración, despoboamento e loita contra o terrorismo.

Reacción do PP a esta xuntanza

Os populares consideran "un chiste" o ofrecemento de Rivera a Sánchez para aplicar o 155, e desconfían do líder de Ciudadanos porque cren que pode volver pactar co PSOE.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019