CRTVG

Buscar

Sánchez recibe a segunda dose da vacina contra a covid: "Manteñamos a prudencia"

Publicado o 09/07/2021 21:25
Sánchez recibe a segunda dose da vacina contra a covid: "Manteñamos a prudencia"

@sanchezcastejon

EFE

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ten xa a pauta completa da vacina contra o coronavirus ao recibir este venres a segunda dose. Foi o propio Sánchez quen informou na súa conta de Twitter de que completou xa a pauta de vacinación. "Recibín a segunda dose da vacina contra a covid-19. O proceso de vacinación avanza con éxito en España grazas ao gran traballo de todos os profesionais sanitarios e ao compromiso da cidadanía. Manteñamos a prudencia ata derrotar completamente ao virus", escribiu o xefe do Executivo.

Sánchez achegou a ese comentario senllas fotos do momento da súa vacinación. O presidente do Goberno, que recibiu a primeira dose da vacina no hospital Puerta de Hierro de Madrid o pasado 18 de xuño, recibiu a segunda un día despois de regresar dunha xira báltica. Tanto el como o resto de membros do Goberno foron recibindo ou recibirán proximamente as doses das vacinas de acordo cos grupos de idade (Sánchez ten 49 anos) ou de risco que lles corresponde do mesmo xeito que o resto da poboación.

O primeiro dos ministros vacinados foi o titular de Política Territorial e Función Pública, Miquel Iceta, quen recibiu a primeira dose do soro de AstraZeneca contra a covid-19 o pasado 26 de marzo. E

Noticias web

09/07/2021