CRTVG

Buscar

Sánchez quere ser investido presidente antes do Nadal

Publicado o 15/11/2019 14:47

Pedro Sánchez aspira a formar goberno antes do Nadal. Para conseguir o apoio dos nacionalistas cataláns ofrécelles diálogo dentro da Constitución.

Junts per Cat proponlles a Esquerra e á CUP un cumio para consensuar as condicións para a investidura. E mentres tanto, Adriana Lastra, responsable das negociacións, continúa a súa rolda mañá co Partido Rexionalista Cántabro. O deputado de Revilla xa lle anunciou que terán o seu voto sempre que non pacten con independentistas cataláns e vascos. Para a semana, a socialista xuntarase cos canarios e co BNG, pero exclúe das conversas a Bildu, algo co que non está de acordo Podemos Euskadi, que lle manda unha mensaxe a Otegi.

Nas últimas horas, Pablo Iglesias mandoulle unha carta á súa militancia. Avísaos de que na coalición co PSOE atoparán moitos límites e contradicións, e que terán que ceder en moitas cousas. Reformula, ademais, o seu famoso lema para recordarlles aos afíns que o ceo se toma con perseveranza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019