CRTVG

Buscar

Sánchez propón "unha terceira vía" para evitar novas eleccións: "un programa común progresista"

Publicado o 01/09/2019 11:16

 

Mañá comeza unha nova semana decisiva no panorama político español... O luns o PSOE celebra a Comisión Executiva Federal e o martes presenta o seu documento programático. E hoxe, nunha entrevista no xornal El País, Pedro Sánchez volve rexeitar un Goberno de coalición e confía en evitar novas eleccións mediante unha "terceira vía", un Goberno baseado nun programa común progresista. O presidente do Goberno en funcións insiste en que aínda hai tempo para chegar a un acordo con Unidas Podemos.

Pedro Sánchez en El País defende como solución ao bloqueo político, nin eleccións nin goberno de coalición."Hai unha terceira vía, un programa común progresista". Os socialistas presentarán esa proposta programática o vindeiro martes.

Na entrevista, Sánchez fai balance dos últimos 12 meses da cooperación parlamentaria con Unidas Podemos. Cre que en xullo se crebou a confianza, pero insiste en que aínda hai tempo para negociar. "A colaboración foi moi positiva, por qué non imos poder poñernos dacordo en moitas cousas. Aínda hai tempo"

O Presidente do Goberno en funcións defende un Executivo que non dependa das forzas independentistas, reparte a responsabilidade con PP e Cs e critica a plataforma España Suma.
Sánchez di non querer eleccións pero de habelas amósase convencido de que os electores "votarán estabilidade".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2019