CRTVG

Buscar

Sánchez prevé convocar unha nova rolda de contactos tras fixar a data para a investidura

Publicado o 01/07/2019 08:33

Conta atrás para a investidura. Mañá coñeceremos a data elixida por Pedro Sánchez para o pleno. E o candidato ten previsto tamén unha nova rolda de contactos cos líderes dos principais partidos da oposición.

Ciudadanos insta a Sánchez a non ameazar con novas eleccións e pídenlle que comece xa a lexislatura, ao tempo que reiteran os seus argumentos para non apoialo.

Tamén o PP se mantén na negativa a Sánchez. E avisan que non teñen medo a ir a novas eleccións, aínda que o considerarían irresponsable.

Sánchez ten a intención de manter novos encontros cos líderes de PP, Unidas Podemos e Ciudadanos nos próximos días, despois de anunciar a data da investidura, na que sería a terceira rolda de contactos tras as eleccións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019