CRTVG

Buscar

O PSOE quere retomar esta semana o diálogo con Podemos

Publicado o 02/09/2019 21:02

O Partido Socialista quere iniciar esta mesma semana os contactos con Unidas Podemos. Avanzouno Ábalos, que tamén apuntou que o encontro entre Sánchez e Iglesias será, como moi pronto, a partir da próxima semana.

Os socialistas insisten en que enriba da mesa non está o goberno de coalición. O que queren é negociar un programa de goberno común baseado nas 300 medidas que este martes presentará Pedro Sánchez.

José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE: "Un Goberno comprometido cun programa discutido, debatido, compartido. Tamén supervisado, tamén controlado. Establecer e buscar figuras cooperativas".

Pero Podemos non se apea, mantén a mesma posición.: "Se sentamos a falar co PSOE, é para falar dun goberno integral que inclúa programa e estrutura de goberno".

As negociacións non se van cinguir só a Unidas Podemos. Empezarán polo PNV. Pero os vascos non entenden a estratexia dos socialistas de negociar con eles sen pactar antes con Podemos.

"É un pouco innovadora e estraña. Resúltanos un pouco chocante. O Partido Socialista, previamente, tiña que ter feitos os deberes".

Os socialistas tamén iniciarán contactos estes días con Esquerra Republicana e co partido de Revilla.
Mentres o PP acusa a Sánchez de estar en clave electoral e presiona a Ciudadanos coa alianza de España Suma para unha eventual repetición das eleccións.

"Nós ao noso, non queremos eleccións, sería unha irresponsabilidade. Se as hai, estamos preparados, pero temos que mandar unha mensaxe aos nosos electores de que seremos quen de ir cun proxecto para España conxunto".

Pero os de Rivera rexeitan a coalición electoral.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019