CRTVG

Buscar

Sánchez presenta ante a Executiva do PSOE os 300 puntos cos que tentar convencer a Unidas Podemos

Publicado o 02/09/2019 08:02

Tres meses e tres días despois da Executiva Federal do 29 de abril en que os socialistas decidían tentar un goberno en solitario, Sánchez volve presentarse ante a cúpula do partido co liderado interno reforzado pero sen un acordo que permita o inicio da lexislatura.

Despois dun mes de agosto de reunións con organizacións socias e civís, o secretario xeral do PSOE presenta as conclusións nun programa de 300 puntos que recolle tamén propostas de Podemos e mándalle un recado a Iglesias: "Entre unhas eleccións e un goberno de coalición hai unha terceira vía que é un goberno progres¡sta cun goberno común progresista, e iso é o que estivemos facendo neste pasado mes de agosto", afirma o líder socialista.

Entre hoxe e maná coñeceremos os detalles. Algunhas informacións apuntan a que o PSOE ofrecerá a Podemos algúns postos desde os que auditar o goberno, pero a oferta de xullo, de tres ministerios e a vicepresidencia xa non está vixente. Sánchez apela á importancia dos contidos e á experiencia da última etapa de cooperación: "Foi moi positiva e foi posible cun bloque de esquerda de 151 escanos, hoxe temos 165, por que non vai ser posible".

Na mesma entrevista, o presidente do Goberno en funcións cualificou de frontista o proxecto de España Suma e quixo aclarar que non espera nada de PP e Ciudadanos. "Eu do PP e Cs non espero nada, absolutamente nada. Se ao final o dez de novembro temos que ir a eleccións eu teño a convicción de que os españois van apostar con maior contundencia polo Partido Socialista", dixo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019