CRTVG

Buscar

Sánchez prescinde de Podemos e pide abstencións que lle permitan saír investido

Publicado o 18/07/2019 09:07

Preto deste mediodía, Podemos ofrece unha conferencia de prensa para dar conta dos resultados da consulta aos inscritos. E un pouco antes, ás dez da mañá, Sánchez reúne a Executiva socialista coa investidura acaparando a axenda. Salvo que se producisen movementos de última hora, o PSOE parece renunciar xa ao apoio de Iglesias.

Os socialistas amósanse centrados en tentar que a suma para a investidura de Sánchez dea agora, en xullo, cos votos afirmativos dos partidos minoritarios e as abstencións dos grandes partidos, aos que volven pedir responsabilidade; tamén a Podemos aos que Carmén Calvo lles di que "non teñen ninguna razón para compatir con Vox, o PP e Ciudadanos unha actitude de bloqueo".

Os resultados da consulta de Podemos coñécense hoxe.

"Unha elección entre a vontade do pobo e a da CEOE", di Echenique nun chío, unha posición que os socialistas consideran tramposa. Yolanda Díaz demanda do PSOE verdadeira vontade para negociar.

Mentres, desde Compromís teñen reproches para os socialistas "por practicar o tancredismo de Rajoy, e para Podemos "por convocar unha consulta no medio dunha negociación, que non parece a mellor actitude para lograr un acordo", dixo Joan Baldoví, e anunciou un voto case con toda probabilidade positivo. O PNV volve facer un chamamento ao entendemento.

PNV, Compromís, Esquerra e Rexionalistas Cántabros, os únicos proclives ao si, sumarían 145 deputados, fronte aos 147 non de PP, Cs e Vox, aos que se sumarán previsiblemente os deputados de Junts Per Cat. Do que varían as súas posicións ata o día 25, tamén Podemos Bildu, ou Navarra Suma, pode depender que Sánchez repita ou non á fronte da presidencia do Goberno de España.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019