CRTVG

Buscar

Casado dille a Sánchez que os votos de Bildu "non son iguais" que os demais

Publicado o 21/06/2019 19:58

O Goberno pídelle a PP e Ciudadanos que se absteñan na investidura de Sánchez para non depender de votos como os de Bildu, aínda que Isabel Celaá pensa que "temos que empezar a visualizar que todos os escanos son legais".

Pablo Casado discrepa: "os seus escanos non son iguais que o resto. Poderán ser iguais, porque ocupan un escano, pero non desde a moralidade dunha democracia que chorou case 1.000 vitimas do terrorismo"

Desde Bruxelas, Pedro Sánchez presiona a Unidas Podemos para que se conformen coa súa oferta de postos de responsabilidade na Administración pero sen carteiras de ministro.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno en funcións, asegura que "Unidas Podemos ten todo o dereito a vérense representados no ámbito da Administración pública. Creo que é unha proposta razoable, sensata, ambiciosa"

Pero os de Iglesias non só non ceden, senón que este venres propuxeron ocupar unha vicepresidencia de nova creación.

Juan López de Uralde, de Unidas Podemos, di que "é unha das nosas reclamacións, que haxa unha vicepresidencia de sustentabilidade. Xa a hai no Goberno valenciano que recollemos como exemplo dun modelo de goberno ao que poderiamos chegar".

Noticias web

21/06/2019