CRTVG

Buscar

Sánchez advirte que "o Estado non consentirá a violencia"

Publicado o 17/10/2019 08:59

• Os partidos, divididos sobre a resposta á crise

Horas antes que que Torra condenase os actos violentos, o presidente do Goberno en funcións esixira unha condena tallante e contundente por parte de Generalitat. 

Sánchez reuniuse cos líderes dos principais partidos, cos que pretende coordinar unha resposta unitaria que modulará, dixo, en función da actitude do Goberno catalán. O presidente do executivo central diferenciou entre as manifestacións pacíficas e os violentos que, dixo, pretenden alterar a convivencia.

Sánchez avisa de que non consentirá a violencia e advirte de que o Estado terá unha resposta firme, unitaria e proporcional en función do que suceda en Cataluña:  "Nós imos modular a nosa resposta en función de cal sexa a actitude e as decisións que tomen os responsables políticos e institucionais na Generalitat de Cataluña", afirmou. O presidente do Goberno en funcións chamou á Moncloa os líderes de PP, Ciudadanos, ePodemos, e pediulles que deixen á marxe estratexias partidistas e se poñan ao lado do Goberno.

O presidente do Goberno non descarta ningunha opción, pero entenden en Moncloa que non se dan neste momento as circunstancias para aplicar os mecanismos exepcionais, 155 ou Lei de Seguridade Nacional, que reclaman desde o PP e Ciudadanos. Sánchez explica que o Estado debe garantir o dereito lexítimo de manifestación, pero insistiu en que non vai consentir a acción de grupos violentos organizados que buscan a provocación.

O presidente en funcíons eloxiou a coordinación entre Mossos, Policía e Garda Civil e explicou que hai semanas que un Comité de Coordinacion con diversos ministerios e o CNI prepararan a resposta. Amosouse convencido de que a acción das forzas de seguridade servirá para illar os violentos e restablecer a convivencia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019