CRTVG

Buscar

Sánchez ábrese a pactar con Iglesias ministros independentes

Publicado o 05/07/2019 12:18

Pedro Sánchez estrea os 17 días de negociación previos á investidura abrindo a porta a que Unidas Podemos lle propoña independentes de prestixio para sentar no Consello de Ministros. As diferenzas en relación a Cataluña son a causa de que o candidato socialista rexeite o que denomina "dous gobernos nun". Pablo Iglesias acusouno de non querer soltar nin un sillón.

O presidente do Goberno en funcións e candidato á investidura marcou posisións antes da nova rolda de contactos da semana que ven con Iglesias repróchandolle que non se abra a negociar a composición do Consello de Ministros: "Eu creo que non é bó que alguén se obsesione cos cargos ata o punto de dicir todos os sillóns para min. Eu creo que iso non é sensato. Creo que unha negociación de goberno implica falar de programas, implica falar de equipos de goberno e de estabilidade da lexislatura", dixo o líder de Podemos.

Sánchez responde que non ten un sentido patrimonalista do poder, nen tampouco do goberno: "Se Unidas-Podemos ten persoas que sexan indepedentes de recoñecido prestixio que poidan aportar á gobernabilidade de España eu desde logo non rexeitarei esas suxestións, senon que as terei moi en conta". Insiste Sánchez en que Podemos é o seu socio prioritario porque quere gobernar desde a esquerda.

Para a outra parte da ecuación, que é non depender de forzas independentistas, "é evidente que PP e Cs, que se din partidos de Estado, teñen que non apoiar esta formación de goberno pero si polo menos permitir coa súa abstención que se poida constituir ese goberno no mes de xullo", explicou.

Albert Rivera, o líder de Ciudadanos, vólvelle responder "que negocie cos seus socios, como están facendo xa en tantas comunidades autónomas, e deixe de facer teatro". Tamén lle recrimina que confunda o seu papel co do xefe do Estado por facer froldas de consultas 

Ante a negativa de Rivera, Sánchez di que mantén a porta aberta, e explica que son as discrepancias sobre Cataluña as que o Sánchez de incluír a Iglesias no seu gabinete.

"Eles teñen un xeito de abordar a crise en Cataluña que nada ten que ver coa nosa, eles defenden o dereito á autodeterminación, e por exemplo na mesa co Congreso eles votaron en contra da suspensión dos políticos presos como deputados electos", dixo. E continuou: "Non precisamos un co-goberno, nin dous gobernos nun. O que lle convén ao PSOE é o que lle convén a España, que haxa hoberno en xullo"

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019