CRTVG

Buscar

Sánchez pide pedagoxía para solucionar o conflito en Cataluña

Publicado o 18/04/2019 21:10

O secretario xeral do PSdeG percorreu a Mariña no ecuador da campaña. No mitin de Burela, Gonzalo Caballero, asegurou, que están satisfeitos cos resultados das enquisas e que seguirán traballando para facelas realidade. Dixo Caballero que o PSOE é a única alternativa de progreso para España e pediu aos partidos políticos respeto e tolerancia.

En Badalona, o candidato socialista á Presidencia do Goberno defendeu unha forma de facer política alonxada da crispación. Apostou polo diálogo pra solucionar as tensións territoriais.
 

Noticias web

18/04/2019