CRTVG

Buscar

Sánchez pide non confiarse e Casado ínstao a dimitir se saca un deputado menos dos que ten

Publicado o 29/10/2019 19:20

Unidas Podemos avisa de que a enquisa se fixo hai 15 días e que todo pode cambiar tras a pegada de carteis.

Irene Montero, voceira de Unidas Podemos, cre que "iso podía ser unha foto fixa que está sendo cambiante. Nós confiamos en que esa foto cambie coa campaña e, sobre todo, cos debates".

Albert Rivera non valora unha enquisa que, na súa opinión, non é fiable. O líder de Ciudadanos comprométese a elixir o próximo presidente do CIS por concurso público.

Albert Rivera, presidente de Ciudadanos, asegura que "no que dependa de Ciudadanos, se nós gobernamos, esta vai ser a derradeira enquisa do CIS que fai un militante socialista. Xa está ben, hai que ter moita cara para poñer un militante socialista á fronte dunha institución pública".

Tampouco Casado valora porque di que só fala de cousas serias. Unha delas é a reflexión que lle pide a Sánchez se o 10-N empeora os resultados de abril.

Pablo Casado, presidente do PP,  preguntouse: "Pedro Sánchez, se saca un escano menos, vai dimitir, despois de levar o país a novas eleccions tendo catro posibilidades de pacto distintas?".

Sánchez evita a euforia e intenta que os augurios non desmobilicen ao seu electorado.

Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE, di que "as enquisas non gañan eleccións, os que gañan as eleccións son os votos. E a día de hoxe, o Partido Socialista ten o mesmo número de votos que o resto de formacións políticas, é dicir, ningún, porque aínda non abriron as urnas.

O líder socialista pide un voto masivo para rachar o muro do bloqueo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/10/2019