CRTVG

Buscar

Sánchez pediulles perdón aos exiliados tras visitar as tumbas de Machado e Azaña

Publicado o 24/02/2019 20:49

O percorrido desta homenaxe aos exiliados españois, encabezada por Pedro Sánchez, comezaba cunha ofrenda floral no cemiterio de Montauban ante a tumba do ex-presidente da Segunda República, Manuel Azaña. Continuaba despois no camposanto de Collioure, onde permanecen os restos de Antonio Machado, falecido nesta vila francesa hai oitenta anos, o 22 de febreiro de 1939, meses antes do remate da guerra civil.

A visita de Sánchez ao sur francés rematou no campo de refuxiados e no cemiterio dos españois de Argelès-sur-Mer. Alí, un grupo de independentistas cataláns berraron consignas a favor dos presos do procès e contra o fascismo cando Sánchez se dispoñía a falar.

Despois dunha pausa causada por estes incidentes, Pedro Sánchez, en nome do goberno español, pediulles perdón aos exiliados e nomeadamente a Machado e Azaña.

O presidente do Goberno acabou defendendo a Europa das liberdades fronte á tentación -dixo- da "xenofobia, o antisemitismo, a homofobia e o nacionalismo excluínte".

Noticias web

24/02/2019