CRTVG

Buscar

Podemos responde a Sánchez e di que todos son independentes do poder

Publicado o 05/07/2019 14:55

Na súa primeira entrevista despois das eleccións, Sánchez descartou a coalición con Podemos polas súas diferenzas, especialmente sobre Cataluña. Pero si lles ofrecía a designación de ministros independentes.

Unidas Podemos ven nesas palabras unha mostra máis da incapacidade de Sánchez para compartir goberno. Respondéronlle despois de reunir o grupo confederal para analizar esas negociacións de investidura. Queren estar no Consello de Ministros.

Ademais de reunirse con Iglesias, o martes Sánchez verase tamén co líder do PP. Insisten en pedir a súa abstención, e a de Ciudadanos, para non depender dos independentistas.

A investidura segue no aire e hoxe poden descartar outros dous apoios, os de Navarra Suma, que ofrecían a abstención a cambio de que os deixasen gobernar na comunidade, pero finalmente a socialista María Chivite será presidenta en Navarra, grazas ao acordo que pechou con Podemos e Geroa Bai, sempre que Bildu se absteña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019