CRTVG

Buscar

Sánchez: "O ministro do Interior conta con toda a miña confianza"

Publicado o 06/04/2021 16:20

Ao presidente do Goberno preguntáronlle hoxe pola sentenza que di que o cesamento do coronel da Garda Civil Pérez de los Cobos foi ilegal. O presidente Sánchez apoiou o seu ministro do Interior.

"O ministro do Interior conta con toda a miña confianza", foi a breve resposta de Sánchez a preguntas dos xornalistas sobre se lle parecía correcto a destitución de Pérez de los Cobos á fronte da comandancia de Madrid tras o informe das manifestacións do 8-M o pasado ano.

Tras a sentenza, os partidos da dereita pediron a dimisión de Marlaska, quen onte mesmo xa dixo en Teruel que non tiña "ningunha vontade" de dimitir.

Noticias web

06/04/2021