CRTVG

Buscar

Sánchez non irá ao Senado explicar o contido da reunión que mantivo

Publicado o 18/01/2019 20:21

Pedro Sánchez non irá ao Senado explicar o contido da reunión que mantivo o mes pasado co presidente da Generalitat en Barcelona. O Partido Popular pediu a súa comparecencia nun pleno que se fixou para o próximo xoves. Desde a Moncloa anunciaron que ese día o presidente do Goberno estará fóra de España, nun acto en Davos, e que polo tanto faltará á convocatoria. O Partido Popular considérao un desacato.

Noticias web

18/01/2019