CRTVG

Buscar

Sánchez nega que os encontros cos colectivos sociais sexan para meterlle presión a Podemos e di que "hai alternativas"

Publicado o 01/08/2019 19:35

Sánchez comezou unha nova rolda de contactos para a investidura, agora con colectivos sociais. Hoxe reuniuse cunha vintena de asociacións feministas. Quere recoller as súas achegas e elaborar un novo programa de goberno.

Nega que se trate dunha forma de presión a Podemos para que quedan cun acordo de programa e renuncien á coalición, e avanza que presentará o novo documento a todos os grupos.

Podemos xa lle responde que a proposta do PSOE, de goberno en solitario con apoio parlamentario, significa que queren acaparar todo o poder sen negociar nada.

E dende o PP reiteran que non lle van facilitar a investidura a un PSOE que gobernará Navarra coa abstención de Bildu.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí