CRTVG

Buscar

Sánchez, Merkel e Macron propoñen á UE medidas para afrontar pandemias

Publicado o 09/06/2020 19:54
Sánchez, Merkel e Macron propoñen á UE medidas para afrontar pandemias

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, uniu forzas co presidente francés, Emmanuel Macron, e a chanceler alemá, Angela Merkel, e outros tres líderes para reclamarlle á Comisión Europea un conxunto de medidas que garanta a mellor preparación da UE ante futuras pandemias.

Sánchez, Macron e Merkel asinaron, xunto aos xefes de Goberno de Dinamarca, Bélxica e Polonia unha carta dirixida á presidenta da Comisión, Ursula Von der Leyen, en que lle ofrecen un documento de traballo coas súas propostas dirixidas a mellorar a coordinación dos países.

Entre elas está o acceso a bases de datos compartidas, a contratación europea de subministracións básicas para previr a súa escaseza ou mesmo o impulso e a optimización da produción deste tipo de material dentro da UE.

Propoñen, ademais, unha estratexia común de provisión e almacenamento de material sanitario, medicinas, equipos de protección ou tests. E apostan por un mecanismo europeo de protección civil que garanta a distribución do material, entre outras medidas

 

Noticias web

09/06/2020