CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez matiza a Yolanda Díaz sobre a derrogación da reforma laboral

Publicado o 21/01/2020 20:33

Discrepancias no seo do Goberno sobre a derrogación da reforma laboral. O presidente Sánchez e a voceira do Executivo aseguran que só afectará os aspectos máis lesivos para os dereitos dos traballadores. A ministra de Traballo sostén que será unha derrogación total que se fará en varias fases.

Yolanda Díaz reiteraba o luns na TVG que o acordo de Goberno entre PSOE e Podemos prevé a derrogación total da reforma laboral.

Yolanda Díaz, ministra de Traballo: "O acordo programático non fala de aspectos máis lesivos. Fala en cinco ocasións de derrogar a reforma laboral, e isto é o que vai facer este Goberno e esta ministra".

Afirmación que matizaba unhas horas despois o presidente Sánchez.
Pedro Sánchez, presidente do Goberno: "Nós temos un acordo programático do Goberno de coalición que di que imos derrogar os aspectos máis lesivos, onde hai un consenso bastante amplo, por certo, non só entre os grupos parlamentarios tamén entre os axentes sociais".

A voceira do Goberno insiste na versión do presidente pero nega discrepancias.
María Jesús Montero, voceira do Goberno: "A maneira de expresar cada un dos ministros como se vai aplicar pode ter diferente música pero o contido é o mesmo porque foi pactado, amplamente debatido. E é evidente que nunca se pode derrogar unha reforma laboral na súa totalidade porque iso non o piden nin os sindicatos".

Pero a UXT xa respondeu. Os sindicatos maioritarios queren a derrogación das dúas últimas reformas laborais antes de comezar as negociaciar un novo estatuto dos traballadores. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2020