Sánchez marca como reto aproveitar as vantaxes dunha economía verde en aumento
Publicado o 20/04/2019 15:28
O líder dos socialistas galegos estivo en Pontevedra. Participou nun encontro con entidades sociais de Galicia ás que lles reiterou o apoio dos socialistas ás súas demandas. Díxolles que o PSOE é a opción que aposta pola igualdade e pola discriminación positiva cos que menos teñen. Caballero amosou o compromiso da súa formación coa dependencia e a loita contra a pobreza infantil.
En Alacante, Pedro Sánchez acaba de asegurar que o PSOE é a única opción para que España siga avanzando. O candidato á Presidencia marcou tamén como un reto aproveitar as vantaxes dunha economía verde que vai estar cada vez máis presente.