CRTVG

Buscar

Sánchez liderará a repartición dos fondos da UE en cogobernanza coas autonomías

Publicado o 31/07/2020 21:14

Pedro Sánchez asumirá directamente a xestión do fondo de recuperación da Unión Europea ao presidir a comisión interministerial que se encargará da repartición. E compromete que a xestión será en "cogobernanza" coas comunidades autónomas.

Na súa intervención na Conferencia de Presidentes, Pedro Sánchez . Pediu ademais "nivelar a cohesión territorial". "Se pedíamos a Europa que o mercado único non implicara como consecuencia da pandemia unha creba entre os países máisricos e os máis probes, evidentemente, temos que facer o mesmo no noso país. Non pode haber comunidades autónomas de primeira, non pode haber comunidades autónomas de segunda. Todos temos que ir ao mesmo nivel, coas mesmas oportunidades", di Pedro Sánchez.

Sobre a igualdade entre as comunidades chegaron as críticas. Foi polo acordo entre os gobernos central e de Euskadi sobre o déficit e capacidade de endebedamento do executivo vasco.

Un acordo tras o que o lehendakari en funcións, decidiu acudir á Conferencia. O presidente de Aragón cualificou de pouco edificante a condicionalidade de Urkullu. As criticas tamén chegaron dos presidentes de Andalucía e de Madrid acusan o Goberno de ir contra o principio de igualdade.

"O principio de igualdade entre españois ímolo defender e imos levalo ata as últimas consecuencias", afirma Juanma Moreno, presidente de Andalucía.

"Non estamos de acordo con este déficit á carta", asegura Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid.

"Negociación á carta non, é o respecto ao que é a nosa singularidade, contemplada tamén na propia Lei de concerto económico", responde Íñigo Urkullu, lehendakari en funcións.

O presidente da Generalitat foi o único dirixente autonómico ausente na Conferencia de Presidentes.

Noticias web

31/07/2020