CRTVG

Buscar

Sánchez irá á investidura mesmo sen apoios

Publicado o 17/06/2019 18:56

O PSOE avisa. Pedro Sánchez someterase a unha votación de investidura aínda que non teña garantido o éxito. Cren que é unha obriga responder ao dobre mandato das urnas e do Rei.

José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE, dixo que "o presidente e candidato irá á investidura. Os apoios decidiranse naquel momento. Vai ser pronto, non lle podo precisar cando, pero España necesita un goberno e nos imos responder a esa necesidade "

Ábalos insiste en que a fórmula de cooperación que lle ofrecen a Unidas Podemos non implica un goberno de coalición. Pero os de Pablo Iglesias non renuncian á súa idea, e máis tras o visto esta fin de semana nos concellos.

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, insiste: "Sería moi decepcionante que as dereitas se poñan de acordo en cinco minutos para facer gobernos de coalición. Creo que a nosa obriga é facer o mesmo. Son optimista. Creo que Pedro Sánchez non nos vai mentir e que máis cedo que tarde teremos un goberno de coalición que afronte os retos fundamentais deste país e que dea estabilidade a España que é o que o noso país necesita".

Desde Podemos din que o contacto cos socialistas é permanente, aínda que non hai data para un novo encontro entre os seus líderes.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019