CRTVG

Buscar

Sánchez invita a Angola a abrirse ás empresas españolas

Publicado o 08/04/2021 20:43

Pedro Sánchez ofrécelle a Angola a colaboración das empresas españolas para diversificar a súa economía. O presidente do Goberno invitou o presidente angolano a abrirlles as portas aos investimentos españois dentro da estratexia impulsada polo país africano para deixar de depender tanto do petróleo. Sánchez tamén visitou o colexio salesiano Don Bosco, construído con cooperación española. Angola é a primeira escala dunha xira africana que levará mañá ao presidente do Goberno ao Senegal.

Noticias web

08/04/2021