CRTVG

Buscar

Sánchez insiste en que "nunca" haberá referendo de autodeterminación

Publicado o 01/07/2021 16:39

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, insiste en que "sempre defendeu a convivencia" e nunca vai haber referendo de autodeterminación en Cataluña. "Si vivimos xuntos, decidimos xuntos", asegura.

Na súa opinión, o dereito de autodeterminación, "tal e como o concibe o independentismo, non existe. Nin no linguaxe constitucional, nin dende un punto de vista político". Por iso, considera que "estamos a falar dun absurdo". 

Dende as filas dos seus socio de goberno, Pablo Echenique defende que Cataluña siga formando parte de España "con maiores cuotas de autogoberno e a partir de aí hai que ir a unha mesa de diálogo a escoitar. Incluso o partido socialista abriuse a que haxa unha votación en Cataluña".

Neste sentido, o ministro de Política Territorial e líder do PSC amósase partidario de votar, pero non un referendo de autodeterminación, senón un posible acordo sobre o autogoberno de Cataluña, o financiamento ou a participación das comunidades na política estatal. Miquel Iceta defende que o estado autonómico permite facer "traxes á medida".

Noticias web

01/07/2021