CRTVG

Buscar

Sánchez reunirase o martes con Iglesias, Rivera e Casado

Publicado o 07/06/2019 20:14

• Acepta o encargo do rei para formar Goberno "canto antes"

• Podemos avisa o PSOE de que non caia na autosuficiencia

A conta atrás para a investidura está en marcha e o PSOE quere que sexa breve. Poucas horas despois de recibir o encargo do Rei, Pedro Sánchez convoca os líderes de Podemos, Ciudadanos e o PP. Será o martes que vén, no Congreso e sen trato preferente para o seu principal aliado na lexislatura pasada. Os socialistas explican que estamos nunha nova etapa e tentan abrir o abano dos apoios cara á dereita.

Isabel Celaá, voceira do Goberno en funcións, di que "se non queremos que o goberno de España, e non queremos, dependa de forzas independentistas, o Partido Popular deberá facer un exercicio e Ciudadanos tamén".

Pero Podemos cre que a cidadanía votou para ter un goberno de coalición e progresista, e desconfían do xiro socialista.

Irene Montero, voceira de Unidas Podemos, di que "creo que non é boa receita se deciden emprender un camiño de egoísmo, de individualismo, de autosuficiencia. Quizais o Partido Socialista teña outra opción e non queira un goberno de coalición progresista e prefira un pacto con Ciudadanos, que é o que parece das declaracións da vicepresidenta e do propio Pedro Sánchez onte".

O Partido Socialista de Navarra segue negociando un pacto de esquerdas para facerse co goberno foral, a pesar da oferta de UPN ao PSOE para facilitar a investidura de Sánchez se renuncian a intentalo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/06/2019