CRTVG

Buscar

Sánchez garante que no primeiro semestre unha parte da poboación estará vacinada

Publicado o 22/11/2020 19:02

O presidente do Goberno asegura que España ten unha estratexia nacional única de vacinación que permitirá que as doses cheguen en primeiro lugar aos grupos con prioridade polo seu risco.

Reclámalle á poboación que se sigan unhas recomendacións básicas para evitar unha terceira vaga de covid-19 no Nadal, e anuncia que en 2021 se contratarán 10.000 profesionais sanitarios.

Pedro Sánchez anuncia que imos no bo camiño e que mañá España baixa dos 400 contaxios por 100.000 habitantes pero o obxectivo, como marca a OMS é baixar ata os 25 para asi garantir que se derrota o virus. Di o presidente do Goberno que a estratexia de combate do coronavirus funciona e que debemos manter alta a garda para evitar máis dano do que xa soportamos.

Noticias web

22/11/2020